O campus ofrece cursos gratuítos para favorecer unha sociedade máis formada

O programa, que financia Educación, ábrese ao tecido empresarial e os axentes produtivos
Jornada sobre software libre para uso científico celebrada este martes en la Escola Politécnica. SEBAS SENANDE
photo_camera Jornada sobre software libre para uso científico celebrada este martes en la Escola Politécnica. SEBAS SENANDE

O campus&ata finais de maio unha decena de cursos e abertos, financiados pola Consellería de Educación, que pretenden contribuír a unha sociedade máis formada. As actividades están abertas a estudantes e persoal universitario, pero tamén a profesionais. Trátase de chegar ao tecido empresarial e aos axentes produtivos para favorecer a súa actividade.

As actividades ábrense aos alumnos da USC pero tamén a profesionais interesados.

As actividades desta semana arrincaron este martes cun curso de software libre para uso científico, unha actividade promovida pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLISA) e financiada por Amtega, que tivo como escenario a Escola Politécnica.

Ade, en tanto, acolle este mércores un curso sobre a última evolución en análise web de aplicacións de Google Analytics, mentres que na EPS celébrase outro sobre iniciación a Docker.

O plan de formación complementaria do Campus Terra inclúe tamén o venres un seminario na facultade de Ciencias sobre estudos computacionales e simulacións en Bioquímica, coordinado por Enrique Cabaleiro e impartido por Juan José Nogueira.

Este programa continúa o día 29 na EPS con outro módulo sobre edición de documentos e presentacións en LaTEX.

O programa inclúe tamén o seminario "Cruzando camiños na oncoloxía. Cancro animal e humano dende a perspectiva One Health", coordinado por Maribel Quiroga e impartido pola catedrática de Anatomía Patolóxica Veterinaria Laura Pena.

Programouse tamén unha masterclass sobre cortes singulares de carne de vacún da IXP Tenreira Galega.

Esas dúas actividades celebraranse xa en maio, mes para o que está programado tamén un taller sobre análise sensorial de produtos lácteos na aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias.

Os cursos son gratuítos e libres, pero se require matrícula previa. O proceso de inscrición, online, está aberto e as prazas son limitadas.

O programa, extenso, terá continuación e para xuño xa hai previsto en Ciencias outro curso sobre detección de patógenos transmitidos por alimentos.

Comentarios