miércoles. 27.05.2020 |
El tiempo
miércoles. 27.05.2020
El tiempo

COMERCIO LOCAL

A campaña Eu si Merco en Lugo despídese tras un gran éxito de participación

Visitantes este xoves na fotoneta sita na Praza Maior. XESÚS PONTE
Visitantes este xoves na fotoneta sita na Praza Maior. XESÚS PONTE
A iniciativa para impulsar o comercio foi promovida polo Progreso

A campaña Eu si Merco en Lugo, que tiña como finalidade achegar o seu granito de area para fomentar as compras no comercio da capital lucense, concluíu este xoves cun éxito de participación cidadá.

Centos de persoas pasaron ao longo desta semana para facerse unha fotografía na furgoneta clásica que se atopaba nun lateral da casa consistorial, na Praza Maior. O único requisito que debían cumprir os participantes era que portasen unha factura dunha compra que realizasen en calquera tipo de establecemento da capital lucense.

Foron moitos os que acudiron con billetes de locais das Termas. Este foi un dos patrocinadores desta iniciativa promovida polo Grupo O Progreso, xunto co Concello de Lugo, a Deputación Provincial, Caixa Rural Galega e a axencia de deseño e imprenta dixital Boaprint.

CENTOS DE AGASALLOS

Ademais de ser agasallados cunha instantánea na fotoneta que se atopaba na Praza Maior, os centos de participantes nesta campaña recibiron numerosos pequenos obsequios de recordo. As fotografías realizadas ao longo dos últimos catro días no marco da campaña Eu si merco en Lugo serán colgadas nun álbum na web do xornal O Progreso.

Esta iniciativa forma parte do proxecto I'm from Lugo, que tamén promove o Grupo O Progreso. Neste caso a súa finalidade é arrimar o ombreiro para promocionar a economía da provincia, os seus produtos e o orgullo de ser lucense coa realización de múltiples actividades.

A campaña Eu si Merco en Lugo despídese tras un gran éxito de...
comentarios