viernes. 27.05.2022 |
El tiempo
viernes. 27.05.2022
El tiempo

Cambios de tráfico este mércores en Fontiñas para as obras dunha pasarela peonil

Mapa de modificaciones de tráfico en la zona de Fontiñas. EP
Mapa de modificaciones de tráfico en la zona de Fontiñas. EP
Afectarán a cálelas Peña Anda e Doutor Balanza

O Concello informou as modificacións de tráfico que entran en vigor este mércores pola construción da pasarela peonil do Carril do Xuízo, na zona de Fontiñas. O plan elaborado pola concellaría de infraestruturas para desenvolver os traballos modificará o tráfico na cale Peña Anda, deixando só en sentido ascendente cara a Doutor Balanza. O último tramo de Doutor Balanza modificará ao mesmo tempo o sentido de circulación, comunicando deste xeito as rúas Emilia Pardo Bazán e Carril de Catasol.

A primeira fase desta actuación consistirá na construción das zapatas que sosterán a pasarela e completarase posteriormente coa instalación da estrutura.

De cara á instalación das zapatas será preciso modificar certos servizos xa habilitados na rúa, como as canalizacións, actuacións que se realizarán "tratando de garantir en todo momento os menores inconvintes posibles para as veciñas e veciños da zona", explicou o concelleiro de infraestruturas, o nacionalista Alexandre Penas.

Cambios de tráfico este mércores en Fontiñas para as obras dunha...
comentarios