Califato 3/4 trae o seu "folclore futurista" a Lugo

Este grupo do sur fixo soar na chaira do pavillón municipal os seus temas que maridan a música tradicional andaluza coa electrónica, as sevillanas co reggae ou o hip hop

O Arde Lucus este ano é tan presencial como telemático, fronte ao ano pasado, cando primou o seu desenvolvemento nas redes sociais. Nesa pausada volta á normalidade o programa incluíu este xoves un concerto de Califato 3/4.

Este grupo do sur, que define a súa música como "folclore futurista", fixo soar na chaira do pavillón municipal os seus temas que maridan a música tradicional andaluza coa electrónica, as sevillanas co reggae ou o hip hop.

Vídeo: SEBAS SENANDE

Recorda que podes participar no concurso de caracterización do Arde Lucus. Podes gañar incribles premios.

Comentarios