As licenzas das cafeterías dos centros educativos da capital, as máis desexadas

Alumnus do Lucus Augusti. AEP

A maioría tivo máis dunha solicitude para xestionalas durante o curso que empeza

LUGO. As cafeterías dos centros educativos da capital foron as que máis interese espertaron no proceso de licitación destes servizos que levou a cabo a Consellería de Educación. Entre os oito centros que tiveron máis dun solicitante, cinco son da cidade. Trátase do CIFP Politécnico, os institutos Lucus Augusti, Nosa Señora dos Ollos Grandes e Leiras Pulpeiro e a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón. Na provincia, os máis desexados foron o CIFP Porta da Auga de Ribadeo; o IES Xograr Afonso Gómez de Sarria e o IES Basanta Silva, de Vilalba.

En total, sacáronse a concurso 33 sublotes, correspondente cada un deles a un centro. Cinco quedaron desertos, isto é, non tiveron ofertas ou os licitadores foron excluídos do procedemento. Estes cinco servizos son os correspondentes ao IES Lambas dos Quendas e Val do Asma de Chantada; o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, o IES de Quiroga e o IES Gregorio Fernández de Sarria.

Nestes casos, segundo a Consellería de Educación, buscarase facer a adxudicación a través do procedemento negociado, isto é, cunha única mesa e invitación a tres empresas por cada centro educativo para que presenten as súas ofertas. A previsión é que estean adxudicadas por esta vía ao redor da primeira semana de outubro, mentres que os demais deberían estar listos para a semana próxma, cando empece o curso.

A adxudicación realízase por un curso, prorrogable a dous. Ata agora eran os propios centros os que se ocupaban deste trámite, pero coa entrada en vigor da Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público é preciso ejecutrar unha licitación en aberto.

CONDICIóNS. O contrato das cafeterías esixe que os contratistas acheguen os medios materiais e persoais necesarios para desenvolver o servizo e considérase condición especial de execución a compra dos produtos utilizados na cafetería en establecementos radicados a menos de cen quilómetros da localidade onde se atopa a cafetería escolar.

Os adxudicados teñen que comprometerse a comprar as subministracións nun radio de 100 quilómetros da localidade

Ademais, débese acatar as normas sobre horarios, convivencia, hixiene e limitación de produtos e sustancias a servir que aprobe o consello escolar, así como garantir que os usuarios sexan atendidos en lingua galega ou castelá, segundo a súa elección, entre outras garantías.

Os licitadores reciben puntos por dispor de produtos sen gluten e de produtos lácteos de orixe galega, así como pola formación do persoal, que debe achegar unha certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais,