A cafetería do Vello Cárcere non ten baño adaptado e o do edificio pecha pola noite

O PP denunciou a situación e considera "grave" o erro
Ediles del PP, en la cafetería. AEP
photo_camera Ediles del PP, en la cafetería. AEP

O PP desvelou este luns que la cafetería do Vello Cárcere, que volverá saír a concurso en breve, non dispoñe de baño adaptado para persoas con problemas de mobilidade e que o que hai no edificio pecha á mesma hora que este.

O horario matinal do Vello Cárcere é de 11.00 a 14.00 horas e o de tarde, de 17.00 a 20.30 horas de domingo a mércores e de 17.00 a 22.30, de xoves a sábado. Ata as doce da noite, o edificio ten persoal de seguridade, pero, en todo caso, o PP considera grave o fallo da cafetería porque non ve operativo que un cliente teña que ser acompañado polo edificio ata o baño, que ademais está bastante afastado da cafetería, apunta o edil Antonio Ameijide.

O PP advertiu desta situación tras unha visita ao futuro espazo gastronómico, que solicitara hai días e que lle foi autorizada este luns, "sete minutos despois" de que o grupo emitise unha nota na que criticaba que se estivese permitindo o acceso a algunhas persoas -ten fotos, asegura- e non se lle dese a el.

O goberno local non respondeu a ningunha das denuncias da oposición.

Os populares piden que se solucione esta deficiencia e que se saque xa a concurso este espazo. Será a cuarta vez, despois de que en anteriores ocasións quedase deserto porque os hostaleiros non vían rendible a explotación do mesmo por cuestións como o investimento que deben facer para acondicionar o local, o horario de funcionamento e que a cafetería non tiña un acceso independente, aspecto que xa se solucionou.

Comentarios