Caen por cuarto día os casos activos, pero soben a seis os pacientes na Uci do Hula

Volve a repuntar a cifra de positivos detectados nun día na provincia ao confirmarse 124 contaxios en 24 horas
Entrada de urgencias del Hula. ELISEO TRIGO
photo_camera Entrada de urxencias do Hula. ELISEO TRIGO

Os datos de coronavirus que a diario actualiza a Consellería de Sanidade confirman a baixada de casos activos na provincia de Lugo por cuarto día consecutivo, que chega acompañada dun descenso no total de persoas hospitalizadas. Pero esta boa noticia, que podería animar a pensar nunha próxima saída da quinta onda da pandemia, vese ensombrecida por un aumento dos pacientes na Uci do Hula, que soben de catro a seis, e por un repunte no número de contagios detectados nun día a través de diferentes probas diagnósticas. 

En concreto, nas últimas 24 horas se confirmaron 124 positivos, o que implica un cambio de tendencia tras dous días á baixa, ao superarse de forma significativa os 78 contagios do mércores e incluso os 103 do martes, achegándose aos 128 cos que arrincou a semana. Esta cifra elevada de novos infectados vese compensada polo número de altas concedidas na última xornada, na que deixaron atrás a enfermidade 166 persoas

Así, na provincia hai —coa información recompilada ata as 18.00 horas do mércores— 35 persoas hospitalizadas, dúas menos que no anterior parte do Sergas, das que seis están na unidade de coidados intensivos do Lucus Augusti e outras 19 en planta, repartidas entre o Hula (21 ingresados, sen cambios), o hospital de A Mariña (baixan de dez a seis os pacientes con covid) e o de Monforte (dous casos, sen variación respecto ao mércores).

Desde o inicio da pandemia curáronse 14.408 persoas e morreron 230, a última delas a dunha muller de 74 anos que faleceu no Hula O Sergas, iso si, só contabiliza 222 falecidos ao non sumar algúns decesos de lucenses que se produciron noutras áreas sanitarias.

Gráfico Lugo

GALICIA. A comunidade alcanzou ao pico de casos activos por coronavirus da quinta onda o pasado domingo, con 18.964 persoas infectadas, un límite ao que aínda non chegaron as unidades de críticos nos hospitais, que este xoves rexistran 56 enfermos de covid-19 ingresados, un 60% máis que hai unha semana.

Segundo o Servizo Galego de Saúde, ata as 18.00 horas do mércores había nas unidades hospitalarias de críticos 56 enfermos de covid-19, seis máis que o día anterior; mentres que en planta o número descendeu en sete persoas, ata as 250.

Con estes novos ingresos, a porcentaxe de strong<> camas ocupadas en Uci por enfermos da pandemia chega en Galicia ao 6,98%, aínda moi lonxe do 20,76% da media do Estado.

A diferenza das xornadas precedentes, o número de recuperados da infección ou a enfermidade non conseguiu neutralizar o aínda elevado número de contaxios, que se sitúan de novo por encima dos mil diarios (1.110, 69 máis), polo que o número de persoas afectadas sobe lixeiramente ata as 18.643 (21 máis).

En canto á mortalidade, hai que sumar dous novos decesos comunicados este mércores, fronte a cinco o día anterior e a dez a xornada precedente.

Tamén descende a incidencia acumulada, tanto a dúas semanas como a sete días; aínda que o fai a un ritmo menor que a media de España, con Galicia por encima en ambos os casos.

Deste xeito, Galicia rexistra 643,8 casos a 14 días por cada cen mil habitantes por 633,07 no conxunto de España; e 273,89 a sete días por 265,78 de media no Estado, segundo os datos difundidos onte mércores polo Ministerio de Sanidade.

Desde o inicio da epidemia contaxiáronse en Galicia 162.132 persoas, das que se recuperaron 141.036 e faleceron 2.481, dúas delas notificadas nas últimas horas.

A taxa de positividad descende nesta xornada e sitúase no 7,46 % entre o conxunto das 14.860 probas de detección de calquera tipo realizadas nas últimas 24 horas.

Por áreas sanitarias, todas aumentan o número de contagios detectados respecto ao día anterior, salvo Vigo; aínda que só A Coruña e Ferrol incrementan o número de enfermos.

Comentarios