domingo. 29.05.2022 |
El tiempo
domingo. 29.05.2022
El tiempo

A cadea de supermercados Family Cash compra o centro comercial Abella

Centro comercial Abella. XESÚS PONTE
Centro comercial Abella. XESÚS PONTE
O inmoble, inaugurado en 2015, hoxe en día non ten actividade

A cadea valenciana de hipermercados Family Cash comprou o centro comercial Abella, en Lugo, que se atopaba actualmente pechado e sen actividade.

A operación pechouse a finais de 2021. A compra inclúe todo o centro comercial para a apertura dun hipermercado desta cadea.

O centro comercial é propiedade de Aliseda Inmobiliaria –participada nun 51% por Blackstone e o resto do Santander–, compañía de xestión de activos do antigo Banco Popular, como vivendas ou chans.

O centro comercial conta con 40.000 metros cadrados de tres plantas e 1.300 planta de aparcadoiro. Está situado a uns dous quilómetros do centro histórico de Lugo e foi inaugurado en decembro de 2015. Aliseda xestiona esta infraestrutura desde 2018.

Este será o primeiro establecemento que abra Family Cash en Galicia, que conta con supermercados na costa mediterránea e o sur de España, entre outros territorios. 

A cadea de supermercados Family Cash compra o centro comercial Abella
comentarios