miércoles. 21.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 21.10.2020
El tiempo

Caballero denuncia os "recortes" tras concentrar a atención sanitaria dos sábados en Fingoi

O líder do PSdeG critica a decisión de que o centro de saúde concentre a atención sanitaria das mañás dos sábados

Fingoi concentra desde este sábado a atención sanitaria que se prestaba nos centros de saúde de todo Lugo na mañá dos sábados. Desde agora, todos os equipos de médicos e enfermería verán aos pacientes nese centro entre as oito da mañá e as tres da tarde dos sábados. A medida recibiu críticas desde distintas frontes

O secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, acudiu este sábado ao centro, coa alcaldesa de Lugo, para denunciar os recortes de Atención Primaria. "Levaba o PP no seu programa electoral esta medida? Anunciou Feijóo ao longo da campaña que ía tomar esta decisión que afasta os servizos sanitarios da xente?", preguntouse o dirixente socialista en declaracións aos medios.

Caballero indicou que esta medida "non está acordada cos colectivos profesionais nin cos sindicatos nin coas autoridades locais", polo que chamou a mobilizarse en defensa da sanidade pública e, en concreto, polo fortalecemento dos servizos de atención primaria.

Neste sentido, subliñou que o Goberno galego recibiu do Estado 268 millóns de euros extraordinarios "para fortalecer o sistema sanitario" e por iso expresou o seu rexeitamento a unha decisión que provoca "que haxa servizos sanitarios máis recortados e máis afastados da cidadanía".

Pola súa banda, Lara Méndez trasladou que esta reforma da Xunta "só obedece a cuestións puramente económicas" e sostivo que a atención primaria é "un muro de contención da propia pandemia", polo que corresponde dotala de persoal para afianzar a súa calidade. 

Pola súa banda, o grupo municipal do BNG anunciou que levará ao pleno unha moción para reclamar que Sanidade manteña a atención dos sábados nos centros de saúde, como ata agora. O portavoz, Rubén Arroxo, entende que é "unha medida que non ten sentido", ao reunir nun só espazo a todos os equipos e os pacientes nun momento de pandemia.

Caballero denuncia os "recortes" tras concentrar a atención...
comentarios