O bus urbano de Lugo recupera viaxeiros e será de novo de pago a próxima semana

O goberno local cifra nuns 160.000 euros o custo da gratuidade no estado de alarma
Interior de un autobús. ARCHIVO
photo_camera Interior dun autobús. ARQUIVO

O bus urbano de Lugo volverá ser de pago a partir da semana próxima despois de que el billete fose declarado gratuíto polo Concello durante o estado de alarma, para evitar a manipulación de moedas e billetes por parte de condutores e usuarios.

Así o confirmou o tenente de alcalde e responsable de área de mobilidade, Rubén Arroxo, e engade que o servizo de transporte público recuperou pasaxeiros desde a entrada de Lugo na fase 1, de modo que xa rexistra un media diario de 2.000 viaxeiros, fronte aos escasos 1.000 que se contabilizaron durante o mes de abril. Aínda así, o dato está aínda lonxe da media de 9.000 pasaxeiros que rexistraba o servizo urbano antes da aparición da pandemia.

DÉFICIT. A gratuidade do bus urbano durante os últimos dous meses vaille a custar ao Concello uns 160.000 euros, segundo os cálculos que fai Arroxo, quen explica que a recadación mensual por billetes adoita ser de 80.000 euros.

Este custo non fará máis que incrementar o déficit que acumula un servizo público deste tipo e que, no caso da capital lucense, supón un desembolso anual duns 2,4 millóns de euros para as arcas municipais.

O actual contrato implica que se lle paga á concesionaria 2,10 euros por quilómetro percorrido por cada bus.

Comentarios