O gromo da residencia das Gándaras suma outros 22 positivos, que elevan os casos a 72

Os contaxios entre usuarios de centros de maiores galegos elévanse a 118
Residencia de As Gándaras. SABELA FREIRE
photo_camera Residencia das Gándaras. SABELA FREIRE

A detección doutros 22 positivos na residencia As Gándaras de Lugo elevou a 72 o número de usuarios contaxiados neste centro, atendendo á información trasladada este martes pola Consellería de Política Social. Con esta novidade, o número total de casos en residencias de maiores de Galicia elevouse a 118

O departamento autonómico confirmou hai unha semana o gromo na residencia lucense, inicialmente con 49 casos entre os usuarios

Política Social tamén informou este martes de que un usuario da residencia DomusVi Vigo desaparece do cómputo global de casos, tras recibir a alta. Deste xeito, o número total de casos de covid entre os maiores das residencias galegas subiu de 97 a 118. 

Ademais dos 72 casos da residencia As Gándaras, hai 28 positivos na residencia García Hermanos de Betanzos, cinco na residencia Val de Monterrei, outros tantos na residencia Santa Marta de Vigo, tres casos Ribadeo e outros tantos en Soremay en Pontevedra, un caso en Santo Estevo de Perlío en Fene e outro na residencia DomusVi Matogrande da Coruña.

CENTROS DE DISCAPACIDADE. Con respecto a esas instalacións, o número de total de usuarios contaxiados baixou de 53 a 51, despois de que recibise o alta epidemiolóxica un usuario do Fogar e Clínica San Rafael de Vigo e de que falecese outro usuario do mesmo centro. Trátase dun home de 71 anos que morreu no Hospital Povisa. 

Deste xeito, quedan 48 usuarios contaxiados no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Chapela-Redondela e outros cinco no Fogar e Clínica San Rafael de Vigo. 

Comentarios