A Deputación repartirá 6.000 bonos de 30 euros na comarca de Lugo

Pretende xerar un volume de negocio mínimo de medio millón de euros
Tomé visita varios establecimientos de A Milagrosa. EP
photo_camera Tomei visita varios establecementos da Milagrosa. EP

A Deputación de Lugo repartirá 6.000 bonos nominativos de 30 euros para un gasto mínimo de 60 aos veciños da comarca de Lugo (Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo Outeiro de Rei, Portomarín e Rábade) para usar en comercios do seu propio municipio. Con esta iniciativa, a institución provincial pretende xerar un volume de negocio mínimo de 546.000 eruos.

Esta iniciativa busca incentivar o consumo nos comercios e nos establecementos turísticos da provincia, ao que se adheriron xa 369 negocios. 

Este martes, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e outros membros do seu goberno visitaron varios establecemento do barrio de A Milagrosa, que xa se uniron a este programa de descontos cos que a Deputación quere reactivar a economía da provincia. 

O programa, presentado hai semanas polo propio Tomé en rolda de prensa, repartirá na comarca de Lugo 6.000 bonos nominativos por valor de 30 euros que deberán ser gastados nunha compra de, como mínimo, 60 euros. 

Os propietarios dos establecementos lugueses poden solicitar participar na iniciativa de descontos no espazo habilitado na páxina web da Deputación o 25 de maio. 

O programa, segundo explica o goberno provincial, está orientado a "todos os establecementos da provincia, incluídos locais de hospedaxe e servizos". Con todo, quedan fóra do programa de descontos as compras de lotería, bebidas alcohólicas non alimentarias e tabaco. 

O prazo para a solicitude destes bonos quedará aberto aos cidadáns de Lugo unha vez se peche o período de adhesión dos negocios, como apunta o goberno que encabeza José Tomé.