martes. 29.09.2020 |
El tiempo
martes. 29.09.2020
El tiempo

Unha Bonoloto selada en Lugo, premiada con 80.000 euros

José, dono do café bar Madeira. ARQUIVO
José, dono do café bar Madeira. ARQUIVO
O establecemento de Fontiñas onde se selou xa entregara varios premios

A sorte volveu a sorrir a Lugo este xoves cun premio de segunda categoría da Bonoloto que foi selado nun bar da Ronda das Fontiñas da capital lucense. No sorteo non houbo acertantes de máxima categoría e si dous de cinco acertos máis o complementario, o de Lugo e outro selado en Torre del Mar (Málaga), o que lles reporta a cada agraciado un premio de 80.478 euros.

A combinación gañadora foi 7-10-15-26-34-35, o complementario caeu no 37, sendo o 9 o número que corresponde ao reintegro. 

O café bar Madeira da Ronda das Fontiñas, onde se selou o boleto agraciado da Bonoloto, xa deu outro segundo premio da Bonoloto en marzo de 2019, cuxo agraciado se embolsou un premio total de 86.258 euros. Ademais, vendeu un décimo do gordo, premiado con 400.000 euros, no sorteo de Nadal de 2018.

Unha Bonoloto selada en Lugo, premiada con 80.000 euros
comentarios