domingo. 23.01.2022 |
El tiempo
domingo. 23.01.2022
El tiempo

El Boni gaña o Concurso de Tapas de Lugo

La tapa ganadora, O segredo da Maruxaina. VICTORIA RODRÍGUEZ
La tapa ganadora, O segredo da Maruxaina. VICTORIA RODRÍGUEZ
Fíxose co primeiro premio do xurado técnico e tamén foi o máis votado polos consumidores

El Boni fíxose co primeiro premio do xurado técnico e tamén foi o máis votado polos consumidores no Concurso de Tapas de Lugo. É a segunda vez nas dezaseis edicións deste certame que un establecemento se fai cos dous galardóns.

Esta parrillada, que se atopa nas Casas Sindicais, xa se fixo o ano pasado cun dos primeiros premios, o do público.

A tapa gañadora, O segredo da Maruxaina, que combina produtos locais con elaboracións asiáticas, consistía nun espeto de lagostinos cociñados en salsa laksa de mexillóns acompañado de pan naam.

O seu propietario, José Luís Pardo, dixo que non se cría" o dobre premio e explicou que ideou a tapa durante os meses de confinamento.

Ao longo das dúas semanas que durou este certame gastronómico en novembro servíronse preto de 37.000 tapas e o volume de negocio ascendeu a máis de 205.000 euros, "5.000 ou 6.000 máis que na edición anterior", segundo indicou o presidente da Apehl, Cheché Real, que dixo que esta cifra é "importantísima" pola situación condicionada pola pandemia porque incidiu en que se trata de que "sexa rendible para os establecementos e para promocionar a nosa cidade turística e gastronomicamente".

Neste concurso participaron 38 establecementos da capital lucense. á final chegaron 12 locais elixidos polos consumidores, que foron A Paparota, Anda, El Boni, Dotmas Bar, España, Manuel Manuel, Mesón Colón, O Castor, O Cincuenta e Seis, Paprica, Pulpería O Castelo e San Marcos Café.

Un xurado técnico elixiu entre estes finalistas aos gañadores nas diferentes categorías.

Ademais de El Boni, o Restaurante Paprica obtivo o segundo premio e a pulpería O Castelo o terceiro.

Dotmas Bar e Restaurante España fixéronse co galardón ao mellor maridaxe con Estrella Galicia e con viño Ribeira Sacra, respectivamente.

El Boni gaña o Concurso de Tapas de Lugo
comentarios