O Boni gaña o concurso de tapas de Lugo por cuarto ano consecutivo

A parrillada foi a máis votada polo público, mentres que o xurado profesional elixiu como vencedor ao hotel Mercure-restaurante Brasas Brancas
Entrega de premios del concurso de tapas de Lugo. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Entrega de premios del concurso de tapas de Lugo. VICTORIA RODRÍGUEZ

El Boni volve impoñerse no Concurso de Tapas de Lugo, que cumpriu 18 edicións. A parrillada das Casas Sindicais foi a máis votada polo público. é cuarto ano consecutivo que gaña o establecemento que dirixe José Luís Pardo nas cinco ocasións en que concorreu a este certame gastronómico.

O xurado profesional elixiu como mellor tapa a do hotel Mercure-restaurante Brasas Brancas, que debutaba neste concurso, pois o venres cumpre o segundo aniversario da súa apertura. Esta tapa representará a Lugo no certame nacional que se celebrará en xaneiro no marco do salón Madrid Fusión.

José Luís Pardo destacou que o éxito da súa tapa galo de Mos tamén radicou na presentación. Antes de tomala ofrecía aos seus clientes unha flor eléctrica para "espertar as papilas gustativas". Despois servía o prato dentro dunha cabaza que botaba fume pola boca e, tras tomar a tapa,  os consumidores bebían un chupito de queimada.

José Luís Pardo, que situou outro local seu, Orixes do Campo entre os doce finalistas, dixo que este premio supón "un recoñecemento ao labor que facemos todo o"ano .

O primeiro premio do xurado técnico era unha tapa de salmonete de Burela. O propietario do hotel Mercure, Dámaso Expósito, afirmou que este premio supón "un escaparate para os lucenses que aínda non nos coñecen" e propuxo que este formato a celebre máis veces no ano, non só en novembro.

A Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) destacou que se serviron preto de 40.000 tapas e que supuxeron un volume de negocio de >250.000 euros.

O xurado técnico concedeu o segundo premio ao Prevé by Pret e o terceiro ao Paprica, así como a mellor maridaxe con cervexa Estrela Galicia a Mesón O Castelo e con viño Ribeira Sacra a Pulpería O Castelo.

Comentarios