Os bombeiros sufocan un incendio nun piso da Avenida da Coruña

O lume orixinouse por unha chama nunha cociña de gas

Os bombeiros sufocaron este sábado un incendio nun piso da Avenida da Coruña da capital lucense que se orixinou por unha chama nunha cociña de gas.

O lume tivo lugar ao redor das once da mañá no número 68 desta avenida, entre as rúas Irmáns Carro e Otero Pedrayo.

Os veciños do edificio saíron á rúa mentres os bombeiros extinguían o incendio e aireaban a vivenda no que se produciu.

Ademais de dúas unidades dos bombeiros, desprazáronse dúas patrullas da Policía Nacional. Ante ese amplo despregue decenas de curiosos seguiron os labores desde a beirarrúa de en fronte.