Os bombeiros retiran un niño de velutinas en Camiño Real

Os traballos obrigaron a cortar a rúa

Efectivos dos bombeiros de Lugo retiraron este mércores un niño de avespas velutinas localizado en Camiño Real. Para alcanzalo foi necesario utilizar un camión con guindastre e cortouse o tráfico.

Os bombeiros retiran o niño de velutina en Camiño Real. EPNon é a primeira vez que os bombeiros de Lugo se teñen que mobilizar para facerse cargo dun niño deste tipo, como ocorreu hai uns meses no recinto do instituto Ánxel Fole.

Nos sete primeiros meses deste ano retiráronse uns 3.500 no marco do plan galego de loita contra a avespa velutina, impulsado pola Xunta a través de convenios con 300 concellos. Na provincia de Lugo foron 213.

Comentarios