Os bombeiros retiran un niño de avespas autóctonas do colexio Paradai

Avisou o persoal docente
Una avispa.EP
photo_camera Unha avispa.EP

Os bombeiros tiveron que intervir a última hora da mañá do mércores para retirar un niño de avespas, neste caso eran autóctonas, non velutinas, que se atopaba dentro do recinto do colexio público Paradai, na capital lucense.

O servizo municipal de extinción foi alertado para actuar polo propio persoal do centro docente.