O BNG reclama a Feijóo que finalice o tramo da Ronda Este que prometeu

Olalla Rodil pon esta obra como exemplo "do maltrato ao que o Goberno do PP someteu a Lugo"
La Ronda Este. SEBAS SENANDE
photo_camera A Ronda Este. SEBAS SENANDE

A parlamentaria do BNG Olalla Rodil, xunto con concelleiros nacionalistas de Lugo, visitaron a Ronda Este, "un dous proxectos cos que o Goberno de Feijóo maltratou a Lugo durante a última década". Rodil afirmou que "dez anos despois, Feijóo continúa a crear fume, dando largas ás veciñas e veciños de Lugo cunha vía que resulta necesaria para a cidade". Por iso, desde o BNG pediron "un maior compromiso a militantes e cargos do PP lucense co que representan para que lle esixan a Feijóo investimentos para Lugo".

Olalla Rodil considerou que "a Xunta de Galiza conta actualmente cos recursos necesarios para construír os 3 quilómetros que restan desta vía, mais a falta de impulso político do Partido Popular de Feijóo fan que as veciñas e veciñas de Lugo levemos máis dunha década a esperar por este investimento", comentou.

O tramo pendente de executar uniría a estrada A Fonsagrada-Lugo coa N-VIN e serviría para desconxestionar a estrada do paseo do Rato. Ademais, completaríase un cinto de comunicacións para unir a N-VI e a A-6 co Hula e coas zonas industriais de Lugo.

A deputada nacionalista recordou que este treito da Ronda Este xa estaba presente no ambicioso Plan Move, cun orzamento de 8.609.235 euros, que o Goberno de Feijóo presentou en 2009 "e do que non se volveu lembrar ata que o desbotou 9 anos despois. Vemos aquí un novo exemplo do malos tratos ao que o Goberno do Partido Popular someteu a Lugo nesta década", sentenciou Rodil.

Comentarios