O BNG denuncia o "abandono" do barrio da Tinería

Arroxo afirma que "proxectos como a excavación dos fornos foron abandonados no ano 2009, coa chegada do PP" á Xunta
Membros do grupo municipal do BNG, na muralla, xunto coa Tinería ao fondo.BNG
photo_camera Membros do grupo municipal do BNG, na muralla, xunto coa Tinería ao fondo.EP

O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Arroxo saíu ao paso das declaracións emitidas polo Delegado Territorial da Xunta de Galiza en Lugo ao respecto do barrio da Tinería pedíndolle que "explique á veciñanza que pasea pola muralla o abandono que se ve ao pasar polo barrio da Tinería". Arroxo vinculou o abandono deste barrio "á chegada de Feijóo á presidencia da Xunta de Galiza".

Rubén Arroxo afirmou que que "as persoas que paseen pola muralla poden ver o abandono de zonas como o Pazo de Dona Urraca ou a excavación dos fornos atopados na UI-7, proxectos cuxa elaboración xa estaba licitada, e que foron abandonados no ano 2009". "Trátase de restos arqueolóxicos completamente abandonados que poderían ser grandes atractivos turísticos", afirmou o edil nacionalista, que engadiu "as veciñas e veciños de Lugo poden comprobar tamén o abandono de moitas casas, que teñen a cartelería da Xunta desde hai décadas, mais que seguen en estado de ruina".

Comentarios