O BNG quere levar ao Congreso a creación de carrís de incorporación na N-VI en Lugo


Asegura que é unha obra sinxela, con pouco custo e necesaria para garantir a seguridade da circulación”

Maite Ferreiro (centro), xunto á estrada N-VI. BNG
photo_camera Maite Ferreiro (centro), xunto á estrada N-VI. BNG

A cabeza de lista do BNG ao Congreso por Lugo para as eleccións xerais, Maite Ferreiro, reclamou este luns a construción de carrís de incorporación na estrada N-VI, e subliñou que é "unha obra sinxela, con pouco custo e necesaria para garantir a seguridade da circulación”. Asegurou por iso que levará o tema á Cámara baixa.

Ferreiro defendeu que construír carrís de incorporación no tramo da N-VI entre a estrada de Santiago e Garabolos "é algo absolutamente factible”. Lembrou, ademais, que a que fora deputada do BNG no Congreso Rosana Pérez xa presentara unha iniciativa pedíndolle ao Goberno central que actuase nese tramo.

"Ningún dos partidos estatais vai traer solucións para os tramos da N-VI que funcionan como circunvalación á cidade", dixo.

 

Comentarios