BNG e PSdeG asinan o pacto para un goberno “unido” no Concello de Lugo

Lara Méndez asegurou que a nova corporación local “tenderá a man” para buscar unha “relación cordial e fluída”

Acuerdo entre PSdeG y BNG en Lugo. SEBAS SENANDE
photo_camera Acordo entre PSDEG e BNG en Lugo. SEBAS SENANDE

A alcaldesa en funcións de Lugo, Lara Méndez, e o candidato á Alcaldía do BNG, Rubén Arroxo, asinaron esta tarde un acordo alcanzado onte, tras seis reunións, para formar un goberno bipartito municipal.

Na súa intervención, Méndez destacou o “ambiente cordial” das negociacións entre ambos os partidos, grazas a unha “tónica de fluidez e de entendemento”.

A rexedora local asegurou que ese é o ambiente de traballo que debe rexer entre ambos os socios durante os “próximos catro anos”, cunha “comunicación constante e fluída” que garanta un “goberno unido e cohesionado”.

Méndez destacou que o “acordo programático” é froito de “cinco días de traballo” nos que ambos os partidos alcanzaron unha “base” para establecer “puntos en común”.

O acordo prevé que os trece concelleiros das dúas formacións traballen para “un único goberno e cunha única finalidade: O mellor para Lugo”.

Arroxo dixo que a intención do BNG é que “Lugo sexa” aínda “máis referente a nivel cultural e patrimonial”

En canto á repartición de responsabilidades entre as diferentes áreas de goberno, Méndez aclarou que a “redistribución de funcións” fíxose en base ao “acordo programático”, centrado en tres alicerces: desenvolvemento sostible, integración social e económica e implantación da Administración electrónica.

En canto á relación do Concello de Lugo coas demais administracións, a alcaldesa asegurou que o novo goberno local “tenderá a man” para buscar unha “relación cordial e fluída”.

Arroxo subliñou que se trata dun “programa moi ambicioso, pero tamén realista” e expresou a súa convicción de que “vai ser moi positivo para Lugo”.

O documento prevé como obxectivo unha “peonalización dentro da cidade”, avanzar na promoción do “uso da bicicleta”, na “mellora do transporte público” e en seguir facendo aparcadoiros disuasorios” para unha mobilidade sostible.

Lara Méndez e Rubén Arroxo certifican o pacto en Lugo. SEBAS SENANDE

En canto á área de Cultura, Arroxo dixo que a intención do BNG é que “Lugo sexa” aínda “máis referente a nivel cultural e patrimonial”.

Nos últimos días as formacións procederon a dialogar “e falar para facer un proxecto común”, para os próximos catro anos, dixo Arroxo.

Comentarios