O BNG presenta aos catorce primeiros candidatos da súa lista ás municipais de Lugo

Os nacionalistas apostan por renovar veteranos membros da formación á hora de facer a súa lista, moi renovada aínda que se manteñen os dous concelleiros que ten actualmente a formación na corporación municipal 

Candidatura BNG a las municipales de 2019
photo_camera Os membros da lista do BNG xa confirmados. EP

O BNG segue avanzando cara á campaña das municipais de maio e oficializou aos catorce primeiros integrantes da lista ao Concello de Lugo, que encabezará Rubén Arroxo. No segundo posto da candidatura volverá figurar a edil Maite Ferreiro.

Os seguintes postos da lista situaranse Alex Penas Roibás, técnico de orientación laboral; Cristina López Fernández, titulada en Relacións Laborais e Recursos Humanos; Felipe Rivas Jorge, técnico de telecomunicacións; Alexandre Espiño Castro, titulado en Enerxía e reponsable comarcal de Galiza Nova; Beatriz Cedrón Vilar, animadora sociocultural; María Carmen Salvadores Cobas, prexubilada de Telefónica; David Vázquez Vázquez, técnico superior en Restauración e traballador do Sergas; Iria Buide Pena, estudante de Enfermería e tecnico en Anatomía Patolóxica; Fran Ulloa Prado, veterinario en Seragro; Sandra Sánchez Pérez, educadora; Xosé Paz Fernández, traballador do sector da seguridade, e Rexina Álvarez Prada, economista.

Rubén Arrroxo dixo que se trata dunha lista renovada e formada por xente que quere facer que Lugo funcione.

Comentarios