Miércoles. 14.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 14.11.2018
El tiempo

O BNG propón crear unha comercializadora pública de enerxía en Lugo para aforrar na factura da luz

O portavoz do BNG, Rubén Arroxo. SEBAS SENANDE
O portavoz do BNG, Rubén Arroxo. SEBAS SENANDE

Arroxo recorda que a entidade local dispón de instalacións para a produción de electricidade que non están en funcionamento

O grupo municipal do BNG propúxolle ao goberno local a creación, a través do propio Concello de Lugo, dunha comercializadora "pública" de enerxía, o que permitiría ao consistorio obter "un importante aforro" na factura eléctrica e reducir a súa dependencia con respecto ás "grandes" empresas do sector.

Segundo o portavoz nacionalista, Rubén Arroxo, a empresa pública Evislusa, que depende do Concello, podería asumir directamente esa función, ademais de recordar que a propia entidade local dispón de instalacións para a produción de enerxía que nestes momentos non están en funcionamento.

"No Concello de Lugo danse as condicións idóneas para establecer unha comercializadora e produtora de enerxía eléctrica", dixo o nacionalista, de modo que "o Concello obtería un importante aforro e non dependería das grandes eléctricas". 

O BNG propón crear unha comercializadora pública de enerxía en Lugo...
Comentarios