O BNG de Lugo porá o acento na campaña en sanidade e servizos públicos

Olalla Rodil e o equipo que traballa no programa perfilaron as liñas de traballo para buscar votos para o cambio
Olalla RodilnasededoBNGenLugo
photo_camera Reunión do comité de campaña do BNG de Lugo. EP

O comité de campaña do BNG en Lugo celebrou onte a súa primeira reunión para preparar unha campaña na que asuntos como a sanidade ou os servizos públicos serán protagonistas, por ser de especial interese para a maioría social.

A candidatura que lidera de novo Olalla Rodil buscará o apoio de todas "as persoas que queren un cambio político de verdade, que poña en marcha ou país, que cre emprego e garanta dereitos e xustiza social”, apuntou o Bloque tras esa primeira reunión de campaña na súa sede lucense.

Rodil insistiu na necesidade de abrir "un tempo novo" e defendeu que “ou cambio real é que Galiza se goberne desde Galiza e non desde Xénova ou Ferraz".

Comentarios