domingo. 05.07.2020 |
El tiempo
domingo. 05.07.2020
El tiempo

O Bispo de Lugo presidirá un funeral polos falecidos polo Covid-19

Alfonso Carrasco, bispo de Lugo. SEBAS SENANDE
Alfonso Carrasco, bispo de Lugo. SEBAS SENANDE

A misa celebrarase o día 18 de xuño na catedral

A catedral de Lugo albergará o próximo día 18 de xuño unha misa funeral polo eterno descanso dos falecidos durante a corentena imposta polo Covid-19. Trátase dunha iniciativa do Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco.

“Un funeral é unha celebración na que facemos verdade que a morte foi situada por Xesucristo no seu lugar e que, xa que logo, non ten a última palabra sobre a persoa”, asegurou Alfonso Carrasco.

Con esta conciencia, a diócese de Lugo acolleu a invitación do prelado e anima a todos os seus  membros a participar nesta solemne celebración, presencialmente ou desde as súas casas ou  parroquias. 

O Bispo de Lugo presidirá un funeral polos falecidos polo Covid-19
comentarios