Benestar anima o rural este verán co proxecto de Aulas Abertas

A iniciativa ten como obxectivo facilitar a conciliación 
undefined
photo_camera Actividades do programa para nenos. EP

A iniciativa de Aulas Abertas, que se desarolla tanto nas parroquias que o solicitaron como nos centros cívicos municipais, ten como obxectivo facilitar a conciliación e ser unha opción segura de socialización para o público infantil, defendeu este xoves o goberno local, que reivindicou que o programa dá vida ao rural.

O goberno local di que un obxectivo desta iniciativa é recuperar as antigas escolas unitarias e os centros de convivencia das parroquias para volver enchelos de vida tras un peche que se estendeu demasiado. O PP, de feito, leva días reclamando que eses centros volvan dar servizo aos veciños das parroquias.

Máis de medio milleiro de familias solicitaron o servizo

Olga López, a edil responsable, visitou estas escolas para comprobar in situ o seu funcionamento. Tamén recordou que "forma parte da estratexia 8 - 80... Un dous principais eixos das nosas políticas sociais: velar pola calidade de vida de toda a poboación, en todas as franxas de idade pero especialmente polos máis febles ou vulnerables da cadea como son os menores e maiores de 65 anos".

En total máis de medio milleiro de familias solicitaron este servizo co que se pretende aumentar a oferta pública de dinamización infantil na cidade.

Olga López Raacamonde recordou que a área de benestar social tamén promove outras actividades para a terceira idade para o coidado da saúde e para evitar o illamento social, como a iniciativa de Lugo móvese cos maiores, que arrinca este venres, recordou a edil de benestar.

Comentarios