As beirarrúas de Lugo acollerán citas de homenaxeados no Día das Letras galegas 

“A pesar da crise sanitaria viamos necesario celebrar unha data tan importante", asegura Maite Ferreiro, concelleira de Cultura
IMG_9180
photo_camera Rubén Arroxo e Maite Ferreiro, xunto a unha das citas

As beirarrúas de Lugo contarán con 50 citas de autores homenaxeados no Día das Letras Galegas. Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, xunto co Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, visitaron as citas. 

“Debido á imposibilidade de organizar as actividades habituais, decidimos render homenaxe ás nosas escritoras e escritores máis destacados nas rúas de Lugo”. sinlaou Maite Ferreiro. 

A pesar da crise sanitaria, desde a área de Cultura viamos necesario celebrar unha data tan importante para a nosa literatura como é o Día das Letras Galegas” afirmou Ferreiro. A edil de Cultura animou á veciñanza a “aproveitar as saídas á rúa para atopar as citas durante os seus paseos”. Segundo a edil de Cultura, "tamén se levarán a cabo accións expansivas e participativas a través das redes sociais".  Maite Ferreiro agradeceu ao artista Iago Eireos a súa colaboración coa área de Cultura na realización desta homenaxe. 

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua distribuíu polas beirarrúas de Lugo 50 citas literarias de Rosalía de Castro, Castelao, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Antonio Noriega Varela, Luís Pimentel, Ramón Cabanillas, Antón Vilar Ponte, Rafael Dieste, Ánxel Fole, Ramón Piñeiro, Uxío Novoneyra, Manuel Antonio, Leiras Pulpeiro, Lamas Carvajal, Francisca Herrera Garrido, Celso Emilio Ferreiro, Valentín Paz Andrade, Álvaro Cunqueiro, María Mariño Carou, Lois Pereiro, Roberto Vidal  Bolaño, Díaz Castro, Manuel María, María Victoria Moreno, Carlos Casares e Carvalho Calero.

Comentarios