viernes. 21.01.2022 |
El tiempo
viernes. 21.01.2022
El tiempo

Begoña Villacís, en Lugo: "A nosa aposta é a máximos aquí en Galicia"

Begoña Villacís, Olga Louzao y Marta Rivera
Begoña Villacís, Olga Louzao y Marta Rivera
A responsable de Política Municipal de Ciudadanos asegura que o galego é "un votante pragmático, que valora moito a honestidade, moi parecido ao noso perfil"

A responsable de Política Municipal de Ciudadanos, Begoña Villacís, considera que o proxecto político do seu partido está en fase de "crecemento" e, de cara ás próximas eleccións locais, a súa "aposta é a máximos aquí en Galicia", porque o votante galego é "moi parecido" ao propio perfil da organización que lidera Albert Rivera. No transcurso dunha visita que realizou este mércores á cidade de Lugo, mantivo que se trata dunha comunidade "moi importante" para o proxecto político de Cs e así se puido "visibilizar" en todas as visitas que realizaron os líderes nacionais do partido a Galicia.

"Fixemos unha aposta pola comunidade, sabemos que temos unha marxe de crecemento moi importante, polo perfil do votante galego. Creo que é moi parecido ao noso perfil. É un votante pragmático, que valora moito a honestidade, e por iso cremos que temos unha oportunidade de crecemento moi importante e que temos que apostar por Galicia", precisou.

"A política local é moi importante, non só para o partido, senón para a calidade de vida dos Ciudadanos, porque é a política que teñen máis cerca as persoas", opina Villacís, e polo tanto "a máis sensible" aos problemas da propia cidadanía. Desde o seu punto de vista, a entrada de Ciudadanos nas corporacións locais supuxo un "sopro de aire fresco", porque ata agora estaban ocupadas por "persoas que levan dedicando a isto toda a vida".

"O que atopamos son moitas prácticas consolidadas" nos concellos, afirmou, "que tiñan pouco que ver co modo de vida dos Ciudadanos" e "con moita corrupción nos caixóns". "É unha das cruzadas que temos por diante. Pór o noso granito de area para que a xente volva ter confianza en nós, porque se non se ten confianza na política, todo o que vaiamos facer non vai ser ben percibido", insistiu.

En canto ás próximas eleccións locais, asegurou que Ciudadanos as afronta desde a perspectiva do "crecemento", porque "neste momento danse todos os factores", dado que o seu partido "xa está dentro das institucións" e dáse o "mellor escenario" para "medir o traballo" que está a realizar.

Desde o seu punto de vista, agora a xente pode ver "a viabilidade" das propostas de Ciudadanos e a súa forma "traballar", porque é "nese escenario" como mellor se pode medir" que o voto ao seu partido é "un voto útil", a "xente que llo curra moito", especialmente "en comparación con outros partidos".

No panorama internacional, subliña, tamén se puxo de manifesto a importancia que representa un "proxecto político de centro", como se viu "en Holanda" ou co que "acaba de pasar en Francia". "As cousas están a cambiar e a corrupción non se acepta por parte da sociedade" e "estamos a avanzar cara a esa responsabilidade democrática que temos todos os Ciudadanos de non perdoar demasiadas cousas", insistiu.

Todos eses factores, dixo Villacís, fan que o proxecto político de Ciudadanos "ilusione".

Begoña Villacís, en Lugo: "A nosa aposta é a máximos aquí en Galicia"
comentarios