Un becerro escapouse xunto ao Rof Codina e tivo que actuar a Policía Local

o persoal do hospital veterinario tivo que acabar aplicando un tranquilizante ao animal para que tranquilizase

"Non quería ir ao veterinario", así chanceaban este mércores nunha empresa de transporte de animais de Castroverde ao falar dun episodio protagonizado por un becerro, que escapou do camión no que viaxaba, ás portas do hospital Rof Codina. O camión estacionou xunto ao hospital veterinario de Lugo para deixar a outro animal e o becerro aproveitou para baixar a coñecer a cidade. Non chegou a xerar unha situación de perigo, entre outras cousas porque se trataba dun exemplar novo, de só oito meses.

Con todo, o animal tampouco puxo fácil a operación de volta ao camión no que debía seguir a súa viaxe. Ao final, mobilizouse á Policía Local, aínda que a situación controlouse en pouco tempo. Iso si, o persoal do hospital veterinario tivo que acabar aplicando un tranquilizante ao animal para que tranquilizase.

O suceso produciuse nunha zona de tráfico intenso na cidade, a contorna de Alfonso X o Sabio, aínda que o incidente rexistrouse sobre as dúas da tarde, cando non había demasiada circulación nese punto.

Comentarios