Balseiro responde a Méndez sobre o Sagrado Corazón: "O PSOE está desnortado"

O delegado da Xunta asegura que só "defende os intereses" dos lucenses

José Manuel Balseiro.
photo_camera José Manuel Balseiro.

O delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, negou que estivese a utilizar o seu cargo para atacar ao goberno local de Lugo, porque sostén que o único que está a facer é “defender os intereses” dos lucenses cando denuncia que a falta de licenzas municipais para executar obras está a paralizar nestes momentos investimentos programados por valor de 22 millóns de euros.

“O Partido Socialista está un pouco desnortado, supoño que froito do nerviosismo de non facer ben o seu traballo durante os últimos catro anos e agora non queda tempo para rectificar”, dixo Balseiro.

O delegado territorial da Xunta de Galicia asegurou que o “único” que está “a facer é defender os intereses dos veciños da cidade de Lugo”, porque “a administración autonómica ten pedido neste momento no Concello licencias para varias obras por máis de 22 millóns de euros”.

Pero, “o Concello o único que está a facer é frear esas licenzas”, de modo que hai que preguntarse “por que está a frear” eses permisos, insistiu, tendo en conta de que “iso non pasa en ningún outro municipio de Galicia”.

“Só pasa no Concello desta cidade e, agora mesmo, está a porse en risco que un colexio no que a Xunta ten previsto investir catro millóns de euros, se nuns días non temos licenza, estea operativo no curso 2020-2021”, engadiu.

“O prazo de execución desa obra é de dezaseis meses "
Se esa licenza do colexio do Sacro Corazón non chega nese prazo, a entrega e apertura podería atrasarse, dixo Balseiro, ata o curso 2021-2022.

“O prazo de execución desa obra é de dezaseis meses e non queda tempo material para facela”, insistiu o delegado, quen tamén dixo que “o único” que fixo el como responsable da Xunta en Lugo foi “informar o consello escolar e á dirección do centro”.

Tamén, dixo, púxose á súa disposición para reunirse cos pais “e informalos” desta situación. “A Xunta de Galicia deu todos os pasos, pero o Concello non deu ningún dos que tiña que dar”, concluíu. 

Comentarios