Balseiro lamenta que o Concello de Lugo atrase o inicio das obras da intermodal

Argumenta que Adif acaba de licitar a redacción do proxecto canto noutras cidades galegas as estacións xa comezaron a remodelación
José Manuel Balseiro, delegado de la Xunta en Lugo. AEP
photo_camera José Manuel Balseiro, delegado da Xunta en Lugo. AEP

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, lamentou o "bloqueo" por parte do Concello ao "necesario convenio" entre as tres administracións –Concello, Xunta e Adif– para executar as obras da futura estación intermodal.

Balseiro lamentou a situación, que non se deu en ningunha outra cidade, dado que "atrasa o inicio das obras" e, consecuentemente, no "prazo de execución".

"Cando empecen as obras da intermodal en Lugo, outras estacións de Galicia xa estarán operativas", lamentou Balseiro, quen recordou que Adif acaba de licitar a redacción do proxecto da intermodal de Lugo cun prazo de quince meses, mentres que en cidades como Santiago e Ourense as obras xa están en marcha.

"Teñen bloqueada a firma do convenio", dixo Balseiro, quen recordou que ese documento é necesario para "clarificar" e pór negro sobre branco as competencias e as responsabilidades de cada un, tendo en conta de que Adif ten que facer a estación de ferrocarril, a Xunta ocuparase da terminal de autobuses e o Concello dos accesos.

Asegurou que antes de dous "meses" a Xunta de Galicia licitaría a redacción do proxecto da estación de autobuses, ademais de confirmar que o goberno galego ten xa orzados os 6 millóns de euros que custará a súa construción.

"En Lugo non queremos ser diferentes a outras cidades galegas", insistiu o delegado, á vez que se preguntaba "que esta revisando Adif"·, cando a Xunta remitiulle a primeira proposta de convenio "hai un ano" e a segunda "en xuño". 

Comentarios