Baixan os casos na comunidade educativa lucense pero pechan tres aulas

Os positivos en centros escolares galegos descenden en 3.438 ata os 10.453

Un niño con una mochilña camino del colegio. PIXABAY
photo_camera Un niño con una mochilña camino del colegio. PIXABAY

Os contaxios nos centros escolares da provincia de Lugo baixaron na última semana e sitúanse en 1.084, 251 menos que hai sete días. Con todo, hai tres aulas pechadas (+3). As escolas infantís lucenses contabilizan 26 casos (+8). 

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Educación e a de Sanidade, os centros con máis casos son o IES Ánxel Fole (31), o CPR Plurilingüe San José (29), o CPR Plurilingüe La Inmaculada (27), o CPR María Auxiliadora (23), o CEIP Luís Pimentel (22) e o CPR Plurilingüe Divina Pastora (20) na capital lucense;  o IES Santiago Basanta Silva (28) de Vilalba; o CEIP Gregorio Sanz (25), o CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús (22) de Ribadeo; o CPR Plurilingüe La Merced (23) de Sarria e o CEIP Plurilingüe Lagostelle (21) de Guitiriz. 

Pode consultar a listaxe de centros afectados no seguinte enlace.

GALICIA. Os positivos vinculados aos centros escolares galegos baixaron con respecto ao pasado mércores 12 de xaneiro un total de 3.438 casos ata os 10.453, pero as aulas pechadas soben en 48 ata as 59, pese ao novo protocolo que determina a súa clausura a partir de cinco casos acumulados ou do 20% da contorna, unha nova denominación que entra nas normas internas de xestión de covid.

O curso arrincou o luns 10 de xaneiro cuns 13.000 casos activos dentro da comunidade educativa –que xa non acudiron aos centros– e o pasado mércores aumentaron a 13.891, fronte aos 10.453 que están rexistrados actualmente. En total, pecháronse 59 aulas.
coles

En canto ás escolas infantís hai unha pechada en Vigo e 9 aulas en corentena –nove menos que a semana anterior (estes centros non pechan todo o Nadal como os colexios e centros superiores)– por mor dos 290 casos positivos rexistrados en escolas infantís (fronte aos 170 da semana anterior), que aplica como protocolo o peche de aulas de infantil e primaria pero como referencia se usa o 20 por cento de casos.

De entre os centros con aulas pechadas –no parte só aparecen os casos máis destacados pola consellería–, destacan o Colexio La Salle de Santiago, no que se contabilizan 34 casos e unha aula pechada (a semana pasada tiña 55 casos rexistrados, sen aulas pechadas). Ademais, o CEIP de Tabeaio, de Carral, ten 32 casos e dúas aulas clausuradas --non aparecía no parte anterior--.

Con 21 casos en todo o centro, o colexio Lar de Mos ten unha aula pechada –a semana pasada tiña 38 casos vinculados e ningunha aula afectada– e o Pío XII de Santiago ten 20 casos e unha aula pechada –non aparecía no parte a semana anterior–, cidade na que tamén se rexistra outra aula pechada, no CEIP Lambas de Abade, no que están rexistrados 19 casos –a semana pasada había 30 casos, cero aulas afectadas–.

En canto aos casos activos vinculados, o Apóstolo Santiago (53), o IES de Ordes (48), Compañía de María da Coruña (47), Fillas de Jesús da Coruña (44), Liceo a Paz da Coruña (43), Santa María do Mar da Coruña (43) e Monte da Vila do Grove (41) son os que actualmente rexistran máis casos activos, pero non teñen aulas pechadas.

Por áreas sanitarias, a de Vigo é a que rexistra máis casos activos vinculados á comunidade educativa (2.645 e 24 aulas pechadas); seguida da Coruña (2.107 e nove aulas pechadas); Santiago-Barbanza (1.622 e 14 aulas pechadas); Pontevedra (1.337 e catro aulas pechadas); Lugo (1.084 e tres aulas pechadas); Ourense (1.083 e tres aulas pechadas) e Ferrol (575 e dúas aulas pechadas).