Os avogados critican que non se poña data de apertura ao novo xulgado do Social

Félix Mondelo, recordou que tanto a Xunta como o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia definiron este órgano como "prioritario"
Félix Mondelo. ARCHIVO
photo_camera Félix Mondelo. ARQUIVO

A avogacía lucense mostra a súa "frustración" e "enfado" polo feito de que non se definise unha data para a apertura do novo xulgado do Social na cidade na publicación do Boletín Oficial do Estado que recolle a súa creación.

O decano do colexio de avogados de Lugo, Félix Mondelo, recordou que tanto a Xunta como o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia definiron este órgano como "prioritario" e sinalaron que debía ser dos primeiros que se instalasen na comunidade. "E resulta que aparece no BOE sen data de constitución", censura.

Mondelo asegura que lle consta que "tanto o presidente do TSXG como o conselleiro de Presidencia están desgustados porque non hai unha data concreta para poder instalalo cando xa está a dotación, xa están as dependencias previstas e déixannos sen data" para a súa apertura.

O decano volve corroborar que as demoras para os señalamientos de xuízos, nos tres xulgados do Social de Lugo, demóranse ata dous anos.

Comentarios