A avogada lucense Paula Fraga denuncia unha campaña de acoso masivo na rede

A súa postura contra o ritual do pano provocou un torrente de ameazas machistas, insultos e incluso a creación de perfís falsos co obxectivo de intentar humillala
Paula Fraga. SEBAS SENANDE
photo_camera Paula Fraga. SEBAS SENANDE

A avogada lucense Paula Fraga denunciou unha campaña de acoso nas redes sociais. Esta xurista, fincada en Madrid, publicou algunhas capturas de pantalla das mensaxes machistas que recibiu por parte dalgúns usuarios que a insultan por alzar a voz contra a proba do pano. 

"Expuxeron a miña dirección de casa ,(xa me contarán como a teñen), dixéronme que me van a violar, que me van a matar por denunciar a práctica do pano", conta nun tweet Fraga. 

Nas capturas de pantalla das mensaxes privadas que recibiu pódense ler toda clase de insultos, ameazas e faltas de respecto.

"Aquí non hai lugar ao silencio", sentencia a avogada.  O nivel de acoso foi tal que Paula Fraga anunciou que se ve obrigada a "deixar as redes" temporalmente.

Mesmo noutra mensaxe, a avogada mostra como algúns crearon perfís falsos coa súa foto e o seu nome con mensaxes vejatorios como "necesito follar soy muy puta".