Avanza o plan de calmado de tráfico en cinco novas zonas da cidade

O concelleiro Rubén Arroxo visitou algunha das obras que levan executando dende a súa chegada ao goberno
Rubén Arroxo nas obras da Avenida Adolfo Suárez. CONCELLO DE LUGO
photo_camera Rubén Arroxo nas obras da Avenida Adolfo Suárez. CONCELLO DE LUGO

O tenente de alcalde e concelleiro de mobilidade e infraestruturas, Rubén Arroxo, visitou a Avenida Adolfo Suárez onde se están a executar traballos enmarcados no plan de calmado de tráfico, que foi iniciado pola Tenencia de Alcaldía desde a chegada ao goberno municipal. “Buscamos un tráfico calmado, aumentando a seguridade da veciñanza de toda a cidade”, afirmou Rubén Arroxo, que destacou “a importancia das actuacións de calmado de tráfico, que viñemos executando nas zonas escolares, e que agora expandimos a novas zonas da cidade”.

Estase a executar a construción de cinco novos pasos de peóns elevados na Avenida de Madrid, xunto á praza do Rei, na rúa San Eufrasio, en Casas Vellas, Avenida Adolfo Suarez e rúa dos Gardas. Ademais de instalarse novos lombos nas rúas Mar Cantábrico, rúa da Saúde, Calzada das Gándaras e Virxe da Soidade, en zonas onde non é posible realizar un paso de peóns elevado.

Arroxo afirmou que “seguimos a traballar para que Lugo se convirta nunha cidade na que as persoas sexan o centro da mobilidade, cun tráfico calmado e menos vehículos a motor nas rúas”.

Comentarios