viernes. 23.08.2019 |
El tiempo
viernes. 23.08.2019
El tiempo

Avances na negociación entre PSOE e BNG para cogobernar a Deputación

O acordo programático e de áreas podería pecharse definitivamente nas próximas horas

A negociación entre socialistas e nacionalistas para gobernar xuntos a Deputación de Lugo experimentou este luns un impulso que podería derivar no peche dun acordo programático e de áreas este mesmo martes. O candidato socialista a presidir a institución, José Tomé, reuniuse durante unhas tres horas coa portavoz do equipo negociador do BNG, Goretti Sanmartín, acompañados ambos por tres futuros deputados das súas respectivas formacións. "Avanzamos moito nalgunhas cuestións, pero hai algúns flocos", asegurou ao termo a secretaria de Implantación e Estratexia Municipal do Bloque.

As partes volverán reunirse este martes para dar as últimas pinceladas ao acordo, de maneira que o documento definitivo, que incluiría o programa de goberno e a repartición de áreas, podería quedar xa pechado e por escrito nas próximas horas. O pleno para a constitución da corporación provincial e a investidura do presidente está fixado para o xoves ás doce da mañá, así que a firma do pacto que dará lugar a un novo bipartito deberá producirse como moi tarde o mércores.

►A información completa, na edición impresa deste martes de El Progresoâ??

Avances na negociación entre PSOE e BNG para cogobernar a Deputación
Comentarios