Auxilian a unha muller que inxeriu "altas doses" de pastillas nunha vivenda de Lugo

A Policía Local, ademais, tiveron que intervir na Avenida da Coruña por mor dunha persoa que se atopaba tirada na rúa en estado de embriaguez
Avenida da Coruña. AEP
photo_camera A segunda das intervencións tivo lugar na Avenida da Coruña. AEP

A Policía Local de Lugo auxiliou durante a pasada ponte de decembro a unha muller que inxerira "altas doses" de pastillas para quitar a vida, así como a outra que estaba tirada na rúa en estado de embriaguez. 

Segundo relatou a Policía Local, o venres día 6 ás 14,10 horas unha patrulla da Unidade Territorial da Policía de Barrio acudiu a unha vivenda na cidade de Lugo co fin de auxiliar a unha muller que, segundo indicou un familiar, "pretendía quitar a vida tomando altas doses de pastillas". 

Por iso, a patrulla acudiuse no lugar en compañía dunha ambulancia do 061, dotada de facultativo médico e unha psicóloga, que procederon a tranquilizar a situación e adoptaron "as medidas necesarias para garantir a saúde da persoa", comentaron as mesmas fontes. 

Por outra banda, axentes auxiliaron sobre as 15,10 horas do domingo día 8 de decembro a unha muller que estaba tirada na Avenida da Coruña, supostamente como consecuencia do "estado de embriaguez" no que se atopaba, sinalaron as mesmas fontes policiais. 

Por iso, os axentes requiriron a presenza dunha ambulancia, debido a que presentaba "un estado severo de nerviosismo", polo que, concretan as mesmas fontes, tivo que ser inmobilizada nunha padiola para "o seu traslado seguro" ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo.