A Audiencia xulgará o martes a un acusado de abuso sexual a tres sobriñas menores de idade

Os feitos sucederon entre os anos 1999-2012 e a Fiscalía solicita 32 anos de cárcere
Audiencia Provincial de Lugo. AEP
photo_camera Audiencia Provincial de Lugo. AEP

A Audiencia Provincial acollerá este martes un xuízo contra un home acusado de abusar sexualmente de tres sobriñas políticas súas, menores de idade, entre os anos 1999 e 2012. Fiscalía solicita para el 32 anos de cárcere. 

Segundo o escrito do Ministerio Público, o procesado, "aproveitándose da confianza" depositada nel por parte dos pais dunha das súas sobriñas, coidábaa cada domingo e os días de verán. "En repetidas ocasións" instábaa a acudir ao seu vehículo co pretexto "de xogar". Unha vez alí, "acariñábaa en diversas partes do corpo, incluíndo a zona xenital", sinala Fiscalía na súa acusación. Realizou o mesmo procedemento con outra das menores ata finais de 1999. 

Ademais, ao redor do ano 2001, o procesado, aproveitando reunións no domicilio familiar, sentaba no seu colo a unha terceiro sobriña política –menor por aquel entón– e fregaba a súa zona xenital co corpo da nena, á que tamén facía diversos tocamentos. 

Tamén entre 2009 e 2012, o home "obrigaba" a unha irmá pequena da súa primeira vítima a ir "en repetidas ocasións ao seu vehículo", onde a acariñaba coas súas mans a zona xenital". 

Fiscalía subliña que estes feitos se produciron "en innumerables ocasións" durante a infancia das menores, polo que as presuntas vítimas presentan "danos psicolóxicos talles como trastornos adaptativos" ou un "trastorno por tensión postraumática continuado con tratamento" na actualidade. As catro denunciaron os feitos ante o Xulgado de Instrución Número 1 de Ourense en setembro de 2016, cando todas salvo unha xa cumpriran a maioría de idade. No entanto, os feitos denunciados pola primeira vítima xa prescribiron. 

Fiscalía pide para o procesado un total de 32 anos, a razón de 10 polos tocamentos á segunda vítima, outros 10 pola terceira e 12 pola última, xa que entre uns feitos e outros houbo modificacións no Código Penal. Ademais, reclámase 30.000 euros de indemnización para cada unha e o afastamento por 16 anos. 

Comentarios