Susto en San Froilán: atrapados nunha atracción a 40 metros de altura

A agonía durou uns vinte minutos, ata que o aparello puido retomar a marcha e a xente puido baixar a terra firme

The Limit, unha das atraccións que durante estas dúas últimas semanas estivo instalada en Lugo como motivo do San Froilán, avariou durante a tarde deste domingo deixando atrapadas no seu interior a 24 persoas.

Os usuarios da barraca estiveron uns dez minutos suspendidos a 40 metros do chan ata que o aparello retomou a marcha e, aproximadamente outros dez minutos despois, puideron baixarse da atracción. Afortunadamente non houbo ningún ferido.

Esta atracción xa dera problemas o fin de semana anterior.<>