Atendida unha muller bebida en Lugo que molestaba aos peóns

Foi traslada na ambulancia ao hospital

Unha ambulancia do 061 tivo este venres que atender e trasladar ao hospital a unha muller en estado ebrio que molestaba aos transeúntes. O suceso, que xerou expectación, rexistrouse sobre as cinco e media da tarde na confluencia da rúa Bispo Aguirre coa Praza Xaquín Lorenzo.

Tras ser alertados do estado no que se atopaba esta muller, os sanitarios acudíronse na zona para atendela, aínda que tamén requiriron a presenza da Policía Nacional para axudar nos labores. Finalmente, a muller foi traslada na ambulancia ao hospital.