Atención ao Paciente do Hula volve atender presencialmente pero con cita previa

Quen queira presentar unha reclamación en persoa debe chamar antes ao teléfono 982 29 67 22 para fixar data e hora
Colas para citas en el Hula. XESÚS PONTE/AEP
photo_camera Colas para citas no Hula. XESÚS PONTE (AEP)

A unidade de atención ao paciente do Hula recibe reclamacións de xeito presencial, unha posibilidade que facía máis de dous anos que non se producía. Desde o inicio da pandemia pechouse a atención ao público e non se recuperou ata o mes pasado, cando volveu abrir pero coa particularidade de que agora se debe pedir cita previa.

Así, os interesados en facer chegar unha reclamación por escrito teñen que chamar con antelación ao teléfono 982 29 67 22 para fixar hora e día. O Sergas recorda que tamén se poden rexistrar queixas por escrito no rexistro do Hula, nos centros de saúde, nos demais rexistros da administración pública e na propia páxina web do sergas.

A pesar de que as outras alternativas sempre permaneceron abertas, moitos pacientes queixáronse con insistencia do feito de que a unidade non atendese presencialmente. Algúns recordaron que non todo o mundo é capaz de manexarse por internet ou de expresarse con facilidade por escrito e pedían que se lles dese a posibilidade de falar con alguén en persoa.

Comentarios