Unha árbore cae sobre a N-VI e provoca enormes retencións en Lugo

O tráfico viuse seriamente condicionado ata media tarde, cando se retirou o obstáculo

A caída dunha árbore na N-VI, á altura do cruzamento con Afonso X O Sabio, causou este mércores importantes retencións en Lugo.

A árbore, que veu abaixo nunha xornada de copiosas choivas e que case impacta cun vehículo, ocupaba practicamente toda a calzada, polo que provocou o caos na principal vía de circunvalación da cidade.

Segundo informou a Dirección Xeral de Tráfico, o corte afectou ao carril dereito no tramo comprendido entre o punto quilométrico 498,5 e o 498.8.  O servizo de mantemento da estrada e a Garda Civil de Tráfico traballaron na zona para restablecer a circulación, algo que puido lograse a media tarde.

Non é a primeira vez que sucede algo parecido na N-VI. A finais de marzo caeu unha árbore na zona de Garabolos os bombeiros xa advertiron do risco de que sucedese o propio con outros dous. Tamén se produciron derrubes á altura do parque Marcos Cela.