martes. 11.08.2020 |
El tiempo
martes. 11.08.2020
El tiempo

Aspnais estrea a súa sede en San José e xa ocupou todas as prazas da residencia

Núñez Feijóo charla cunha usuaria do centro de Aspnais na lavandería do centro. SEBAS SENANDE
Núñez Feijóo charla cunha usuaria do centro de Aspnais na lavandería do centro. SEBAS SENANDE
A asociación, que visitou Feijóo este venres, agrupa no antigo hospital un centro residencial ampliado, así como centro de día e ocupacional e os talleres, tras investir máis de 3 millóns

A nova sede da Aspnais no antigo hospital de San José xa se atopa operativa na súa práctica totalidade e coas súas setenta e cinco prazas para residentes ocupadas. O traslado viuse atrasado pola pandemia pero agora está a funcionar xa e este venres recibiu a visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e da conselleira de Política Social, Fabiola García.

As novas instalacións no antigo hospital provincial de San José, que sufriu unha rehabilitación integral cun investimento superior aos tres millóns de euros, permitiron aumentar a capacidade asistencial do centro e agrupar nunha mesma sede a residencia e os talleres.

O antigo hospital, que conta con tres plantas e un semisótano, aglutina así nun só espazo todas as instalacións da asociación: a residencia para persoas con discapacidade, o centro de día, o centro ocupacional e os talleres e as dependencias administrativas. As habitacións individuais e os cinco apartamentos creados para acoller a familias das persoas tuteladas distribúense entre o primeiro piso e o ático do antigo centro sanitario.

VISITA DE FEIJÓO. Precisamente o venres levou a cabo unha visita guiada polas distintas ás do complexo que albergan a residencia, as aulas de formación e os talleres. O presidente de Aspnais, José Reigosa, exerceu de anfitrión ao presidente da Xunta e á responsable de Política social.

O investimento total neste proxecto, supera os 3 millóns de euros. José Reigosa, explicaba sobre o novo fogar de Aspnais que "ás instalacións tan so lle restan por pulir uns detalles exteriores que arranxaremos en breve e espero que poidamos inauguralas axiña". A entidade, recordou, conta con 50 traballadores e presta os seus servizos a 154 usuarios.

Pola súa banda, Núñez Feijóo encomiou o labor da asociación desde 1966 e asegurou que "Lugo conta cunha muralla e tamén ten a Aspnais, que é unha muralla segura para defender a discapacidade".

O presidente da Xunta agradeceu tamén o compromiso de todas as administracións implicadas neste proxecto. "Estamos a falar da Deputación, do Concello e da Xunta; ou espírito colectivo fixo posible converter este centro nun edificio singular", concluíu.

Aspnais estrea a súa sede en San José e xa ocupou todas as prazas...
comentarios