domingo. 25.07.2021 |
El tiempo
domingo. 25.07.2021
El tiempo

A Asociación de Xubilados defende o novo bus tras reunirse con Arroxo

Reunión con la Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo. EP
Reunión coa Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo. EP

O tenente de alcaldesa, Rubén Arroxo, xunto co edil de infraestruturas, Alexandre Penas, mantiveron unha reunión con integrantes da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo para presentar as novas liñas de transporte urbano. Desde a asociación, o presidente, Julio Méndez, valorou positivamente os cambios realizados no transporte público e destacou a mellora que supuxo para a veciñanza o novo modelo de transporte.

Pola súa banda, a asociación veciñal Porta de Lugo mostrou as súas queixas polos problemas que, ao seu xuízo, está a causar a remodelación do bus urbano no barrio do Sagrado Corazón. Entre as súas críticas figuran que o plano das liñas en papel ten os nomes pequenos e non se le ben, que se eliminaron as liñas en sentido subida por Venancio Senra para acceso ao polígono Sagrado Corazón e As Gándaras e a que levaba ao cemiterio e reclama tres áreas de transbordo.

Nesta guerra da federación veciñal contra as novas liñas do bus, representantes deste colectivo reuníronse este luns con membros do grupo municipal do PSOE, ao que pediron que convoque a mesa de transportes para levar a ela as súas reivindicacións.

A Asociación de Xubilados defende o novo bus tras reunirse con Arroxo
comentarios