A Asociación contra o Cancro entregou unha planta na muralla por 2,5 euros

A entidade, en colaboración co Progreso e outros colectivos e empresas, realizaron un acto floral para recadar fondos
Los organizadores del evento posaron con las flores que pueden adquirirse en la Muralla.
photo_camera Los organizadores del evento posaron con las flores que pueden adquirirse en la Muralla.

O adarve da muralla luciu este domingo verde e rosa con motivo do acto floral que a Asociación Española contra o Cancro (AECC) levou a cabo co obxectivo de recadar fondos. Consistiu na entrega dunha planta de kalanchoe a cambio dun donativo de 2,5 euros, que irá destinado integramente á asociación española, para a investigación.

As flores entregáronse desde as doce da mañá, ata as dúas, en varias das escaleiras que dan acceso á muralla. En concreto, na porta de Santiago, Campo Castelo, Praza do Cantiño, Rúa do Teatro, Praza do Ferrol, Rúa Nova e Rúa Tinería.

Na iniciativa colaboraron o Grupo O Progreso, o Concello de Lugo, a Deputación, o hospital Polusa, Caixa Rural Galega, o colectivo de mulleres rurais de Lugo Son de Campo e as empresas Urbaser, Areal, Gadis e Aluma.

O proxecto persegue concienciar sobre o cancro e recadar fondos para investigar e buscar novos tratamentos. leva a cabo dentro dos actos promovidos pola delegación lucense da asociación con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama, que se celebrou o mércores. O rosa é a cor que identifica a loita contra contra este tipo de cancro, por iso é polo que a planta que se elixiu para o acto deste domingo sexa kalanchoe dese ton.

O rosa foi tamén a cor do lazo xigante que o mércores se confeccionou na Praza Maior, neste caso, con plantas aromáticas da plantación que Milhulloa ten en Palas de Rei. A recollida de hierbabuena, loureiro, bog e milenrama foi realizada por membros e colaboradores da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur), coa súa presidenta á fronte, Rosa Arcos, e da delegación lucense da AECC, coa psicóloga Rosa Zas.

Comentarios