O detido polo asasinato de Cristina Cabo confesa o crime

A agresión foi tan brutal que a vítima tiña varios ósos rotos e máis de 40 marcas por todo o corpo, entre feridas e puñaladas

La calle Quiroga, acordonada tras descubrirse el crimen. SEBAS SENANDE
photo_camera La calle Quiroga, acordonada tras descubrirse el crimen. SEBAS SENANDE

O detido polo asasinato de Cristina Cabo Buján confesouse autor das puñaladas que puxeron fin á vida da muller, de 42 anos. O home —de 32 anos de idade e natural de Colombia— quixo declarar este mércores pola noite en comisaría.

O home actuou dunha forma tan violenta que o corpo da vítima tiña varios ósos rotos e máis de corenta marcas por todo o corpo, entre feridas e puñaladas. Ademais, segundo fontes próximas ao caso, moitas das lesións de arma branca que presentaba -e que lle alcanzaron varios órganos- eran o suficientemente profundas como para concluír que o agresor empregou toda a súa forza no ataque.

Ao parecer coñeceu á vítima o mesmo día do crime -na madrugada do domingo- e convenceuna para acompañala ata o seu domicilio da Rúa Quiroga, onde lle quitou a vida. A Policía Nacional de Lugo arrestouno este martes pola mañá.

[Máis información este xoves na edición impresa de El Progreso]