Arroxo visita as obras de mantemento do Carril das Hortas

O Concello aplicou unha capa de mestura asfáltica en quente na banda de rodadura
Arroxo, na zona onde se levaron a cabo as obras. EP
photo_camera Arroxo, na zona onde se levaron a cabo as obras. EP

O tenente de alcaldesa Rubén Arroxo visitou este venres as obras de mantemento que se están a levar a cabo no Carril das Hortas, onde se está a traballar na banda de rodadura. 

A concellería de Infraestruturas aplica unha mestura asfáltica en quente, "o que asegurará un selado do firme ante a acción da auga superficial, e garantirá unha duración prolongada da actuación", según explican nun comunicado. 

Arroxo lembrou os últimos traballos que se realizaron en Fontiñas, entre os que destacou a rotonda de San Eufrasio. "Unha actuación moi necesaria para a zona e para a cidade, que permitiu eliminar un punto negro da cidade", explicou o tenente de alcaldesa.

"A rotonda aumentou a distancia de visibilidade da zona, e eliminou a necesidade de facer xiros á esquerda, o que en conxunto mellora a seguridade viaria na zona", engadiu. 

O Concello tamén mellorou a accesibilidade no Carril dos Indios e adaptou os rebaixes das beirarrúas ao longo da avenida.

Comentarios