Arroxo ve "lamentables" as ameazas contra el e Louzao reprocha ataques nacionalistas a Cs

O tenente de alcalde cre que non se lle ataca a el, senón á democracia. A portavoz de Cs ínstalle a falar das arremetidas que sofre de nacionalistas
Pintadas alusivas al BNG aparecidas en Lugo. EP
photo_camera Pintadas alusivas al BNG aparecidas en Lugo. EP

A aparición de pintadas contra o BNG e Rubén Arroxo non deixou este mércores de xerar certa resaca política e, mentres o portavoz nacionalista en Lugo alzaba a voz contra esa fórmula intimidatoria, a xefa de filas de Ciudadanos no Concello, Olga Louzao aproveitaba para recordar que no seu partido sofren ataques de nacionalistas.

Así, Rubén Arroxo cualificou de "lamentables" as pintadas insultantes e ameazantes aparecidas nos últimos días e considerou que non se trata dun ataque contra o BNG, senón contra a democracia e as máis de sete mil persoas que votaron ao BNG en Lugo.

O tenente de alcalde de Lugo tamén defendeu que Lugo é unha cidade respectuosa, na que todo o mundo se coñece, á vez que criticou as ameazas por cuestións ideolóxicas de persoas que non aceptan que o BNG "estea a mellorar a cidade".

Ao amparo da denuncia de Arroxo, a portavoz de Ciudadanos en Lugo, Olga Louzao, aproveitou tamén unha mensaxe en twitter para contestar ao portavoz municipal do BNG e díxolle que cando queira poden sentar e repasar outros tuits de trolls ou de votantes do Bloque que insultan e faltan ao respecto "aos que non pensamos como eles".

Louzao confesa que antes non pensara nunca en contar eses ataques "porque non merecen nin un segundo do meu tempo".

As pintadas contra o BNG e Arroxo apareceron por primeira vez en Montero Ríos e coincidiron coa desfeita duns paneis sobre as seleccións galegas.


 

Comentarios