Arroxo: "Os veciños e veciñas poden ter información en tempo real dos buses desde o móbil"

Os paneis informativos das paradas contan cun código QR que, escaneándoo, ofrecerá información

Rubén Arroxo consulta información sobre os buses no seu móbil.EP
photo_camera Rubén Arroxo consulta información sobre os buses no seu móbil.EP

O tenente de alcalde e responsable da área de mobilidade, Rubén Arroxo, anunciou que todas as paradas de bus urbano contan con sistemas de información en tempo real.

Arroxo explicou que "ademais das pantallas informativas instaladas en máis de 20 paradas, e das pantallas do interior dos buses, poderemos contar con información en tempo real en cada unha das paradas".

Para acceder a este sistema, deberase escanear o código QR habilitado en cada un dos infobuses, que abrirá unha páxina coa información en tempo real da parada. O tenente de alcalde destacou que "todas as persoas que queiran usar o bus urbano poderán saber canto tempo falta para que chegue a seguinte liña desde calquera parada da cidade".

O sistema de seguimento en tempo real entrou en funcionamento este día 1, ao tempo que as novas liñas.